NadalBus: Percorrido polas luces do Nadal de Vigo

NadalBus: Percorrido polas luces do Nadal de Vigo

Juan Carlos Nesta
01/12/2018

O NadalBus permitiranos ver as luces do Nadal de Vigo evitando as aglomeracións, a sua tarifa é a ordinaria. O servizo do NadalBus comezará o 1 de decembro e prolongarase ata o 10 de xaneiro.

Os vigueses e visitantes que se acheguen a Vigo durante as festas de Nadal poderán disfrutar da iluminación navideña a bordo do “NadalBus”, o Bus Turístico de Vitrasa que nestas datas se reconvirte para ofrecer aos usuarios unha orixinal e bonita viaxe polas rúas iluminadas de Vigo.

O servizo dará comezo o 1 de decembro ás 18.30 horas. O Alcalde de Vigo será o encargado de inaugurar o NadalBus, que realizará viaxes todos os días ás 18.30, 19.30 e 20.30 horas con tres rutas diferentes en cada horario.

O 10 de xaneiro será o último día do servizo.

Rutas do NadalBus de VITRASA

As tres rutas, dunha hora de duración aproximadamente, comezarán e finalizarán en Policarpo Sanz, 12
(fronte a Casa das Artes) e realizarán os seguintes percorridos:

Ruta 18.30 horas: Policarpo Sanz-Urzáiz-Gran Vía-Praza España-Pizarro-Jenaro de la Fuente-
Aragón-Travesía de Vigo-Sanjurjo Badía-García Barbón-Areal-Praza Compostela-Reconquista-
Policarpo Sanz.

Ruta 19.30 horas: Policarpo Sanz-Urzáiz-Gran Vía-Praza España-Avda. Castrelos-Portanet-Val
Miñor-M.Castro-Florida-Praza América-Camelias-Venezuela/Gran Vía-Areal-República
Argentina-Praza Compostela-Reconquista-Policarpo Sanz.
Ruta 20.30 horas: Policarpo Sanz-Urzáiz-Gran Vía-Praza España-Praza América-Castelao-Tomás

Paredes-Camilo Veiga-Bouzas-Tomás Alonso-Torrecedeira-Cánovas del Castillo-Carral-Pontevedra-Areal-Praza Compostela-República Argentina-Policarpo Sanz.

O prezo do “NadalBus” será a tarifa ordinaria e poderá pagarse coa Tarxeta PassVigo. Os nenos ata os 3 anos incluídos viaxarán de balde.

O NadalBus conta con 47 prazas na parte superior que se cubrirán por orden de chegada. O Bus Turístico
levará no seu luminoso a palabra “NADALBUS” para que sexa facilmente identificable por parte dos
usuarios.

Este novidoso servizo o que persigue e poder ver a iluminación de Nadal desde outra perspectiva, sobre
rodas, evitando o tráfico e as aglomeracións de xente que se producen durante estas datas nas rúas.

Te puede interesar:

One thought on “Fiesta Año Nuevo 2019 Tokio y Gatsby

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.