Juan Carlos Nesta
11/02/2016

¿Por qué non acudir o Sábado 13 na Sala Ártika a unha noite de San Valentín diferente? Espectáculo de improvisación con sorpresas, tamén, para os solteir@s.

Ficha del evento:
  • 13/02/2016
    Fecha de inicio
  • 23:00
    Hora de inicio
  • ártika
    Lugar del evento

Achégase esa data, San Valentín momento no que moita xente fai algo especial coas súas parellas, algúns optan por unha cea romántica, outros por un ramo de rosas… dende Triatreros Grupo de Teatro propoñémosvos algo diferente; acudir o sábado 13 de febreiro ás 23:00 a Sala Ártika (Avd. Beiramar 113 Vigo) e gozar con IMPRONEWS un divertido espectáculo de improvisación teatral para pasar o sábado coa persoa querida.

E se estades solteiros e con ganas de pasalo ben tamén haberá sorpresas para vós…e quen sabe se vós presta… quizais salten as chispas entre tanta enerxía positiva.

Impronews de Triatreros é un espectáculo cómico, baseado nun late night, no que se debullan noticias escollidas polos espectadores. Música, cabaret, improvisación e teatro para pasar unha noite de  inesquecible.

A dinámica do espectáculo é moi sinxela. o público, antes do comezo do mesmo, recortará noticias e poderá incluso redactar as súas propias primicias informativas.

A partir destas, e sen tempo para poñerse da cordo, os improvisadores terán que ir creando as escenas e xogos dramatizados. ¡Todo totalmente improvisado!

En cada ocasión ademáis hai un grupo artístico convidado, nesta ocasión serán A Panadaría que nos presentarán un anaco do seu espectáculo PAN¡ PAN¡

Prezo de entrada en taquilla:7€

Prezo de entrada anticipada 6€ en ticketea.com

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Nombre *