Mañá Xoves 14 actuación no Centro Comercial da Cidade Universitaria ás 14:15h. Música Contemporánea: O gran cabrón.

A axenda cultural deseñada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria inclúe para mañá, xoves, 14 de novembro ás 14.15h., unha actuación no centro comercial de Cidade Universitaria dentro do programa de colaboración entre a Universidade de Vigo e o ciclo vertixeVIGO´13. Enmarcado no proxecto Caixa Acústica, compartirán este escenario improvisado Pablo Coello (saxofón), David Durán (teclado) e Ramón Souto (electrónica e difusión de son). A obra que interpretarán será O gran cabrón de Stefan Prins (Bélxica, 1979) Piano Hero #1 (2011) teclado, midi, electrónica en vivo e vídeo, e Germán Alonso (España, 1984) El gran cabrón (2012) saxofón, barítono e electrónica en vivo.

O ciclo vertixeVIGO’13 está organizado por Vertixe Sonora Ensemble, unha plataforma para a creación e divulgación da música contemporánea internacional, estreando en Galicia obras de compositores de todo o mundo. Inclúe varias actuacións entre as que se atopa a que terá lugar mañá e que está enmarcada no proxecto Caixa Acústica, que persegue ofrecer ao público gozar da música en directo, achegándoa a contornos urbanos e invadindo o espazo público.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 13/11/2013

quehacerenvigo.es

Destacado