colaborador
23/08/2016

Monólogo: “Galego pode selo calquera”, na Alameda de San Campio, Ramallosa o vindeiro 26 de agosto. ¿Ser galego é doado? Depende.

Ficha del evento:
  • 26/08/2016
    Fecha de inicio
  • 21:00
    Hora de inicio
  • nigrán
    Lugar del evento

Alberte Montes na Alameda de San Campio

Os galegos temos un xeito de ser característico e diferenciado doutros pobos e culturas que nos rodean. Historicamente teñen empregado os tópicos para ridiculizarnos e mofarse de nós, feito que explicaría en parte que arrastremos algo de autoxenreira. Eses tempos foron pasando e agora xa somos quen de defendernos con orgullo dese estigma combatendo aos ignorantes, ríndonos dos propios defectos e chufando das nosas diferenzas.

Ata non hai moito pensábase que a baixa autoestima dos galegos era crónica pero Alberte Montes demostraranos dende o humor que non é así. Este mal ten cura e poderedes comprobalo. Ser galego non é só pararse na escaleira e facer crer á xente que non sabemos se subimos ou baixamos, para ser galego hai que reunir moitas máis aptitudes.


CARTEL NIGRÁN ALBERTE

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Nombre *