Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 22/07/2013

O vindeiro xoves 25 de xullo ás 21:00 h, o teatro do Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia acollerá a estrea estatal do novo espectáculo desenvolvido por un dos artistas españois de máis longa traxectoria teatral, Moncho Borrajo.

Ficha del evento:
  • 25/07/2013
    Fecha de inicio
  • 21:00
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

A súa nova proposta humorística leva por título Yo, Quevedo, e é definida pola propia compañía como «unha tolemia de versos de antes e de agora».

Os días 26 e 27 haberá cadanseu pase ás 21:00 h, mentres que o Domingo 28 a función terá lugar ás 20:00 h.

As entradas están á venda a través de Servinova en www.servinova.com, o servizo de teleticketing da Fundación Novacaixagalicia, ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.

Deja un comentario