Miss Caffeina abre o cartel musical deste segundo cuadrimestre cun concerto a prol de Unicef.

A programación cultural organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo abre o cartel do segundo cuadrimestre de curso coa banda de pop madrileña Miss Caffeina.

Os asistentes ao concerto, que terá lugar o vindeiro 18 de febreiro ás 18.30 horas, colaborarán cun donativo dun euro a prol de Unicef para a súa Campaña Gotas para Níger.

Miss Caffeina subirase ao escenario de Cidade Universitaria para tocar os temas dos seu segundo LP e último traballo, De polvo y flores, un disco de madurez, despois de catro Eps anteriores. Este grupo de pop, que fixo de internet un aliado (vendía os seus Eps por esta canle e ofrece concertos en streaming), consegue día a día aumentar o número dos seus seguidores.

Gotas para Níger é un programa de Unicef que está a funcionar desde o ano 2008 co fin de sensibilizar sobre a situación que viven os nenos e nenas do país africano e contribuír ao programa de superviviencia infantil que a axencia de Nacións Unidas ten en Níger. Principalmente, trátase de que teñan acceso a auga, saneamento, sistemas de saúde acordes e unha educación de calidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 14/02/2014

quehacerenvigo.es

Destacado