O día de fotografar Vigo achégase. Máis dun centenar de fotógrafos gozarán do Maratón Fotográfico Concello de Vigo que se celebrará o primeiro fin de semana de Agosto.

A Agrupación Fotográfica Galega pon en marcha unha vez máis o Maratón Fotográfico que nesta cumpre a súa edición número dezaseis, e a segunda cunha duración de 24 horas, anteriormente duraba 12h.

O funcionamento é sinxelo, poden participar todos os amantes da fotografía e de pasalo ben que queiran gozar dun día enteiro, noite incluída, fotografando Vigo e buscando a máxima orixinalidade nas súas imaxes. A recompensa en forma de premios económicos anima a participar: 1.000, 400 e 250 euros para os tres primeiros clasificados respectivamente e 4 accésit de 150 euros.
As normas son ben sinxelas, inscrición previa na web da AFG (www.agrupacionfotograficagalega.com) ou ben o propio día da saída, 6 de Agosto ás 20h na Praza do Pobo Galego (xunto ao Colexio de Arquitectos), pagar 5 euros pola inscrición e esperar á 21h momento en que a organización desvelará dúas dos catro temas sobre os que haberá que fotografar buscando a máxima orixinalidade, ao día seguinte pasar un control nun lugar e hora aínda non desvelados e onde se comunicarán os dous temas restantes.

A partir de aí percorrer a cidade buscando recunchos, motivos, obxectos, cores… o que nos suxiran os temas e captalo coas nosas cámaras (dá igual se aínda usas carrete, o analóxico aínda ten o seu oco neste concurso), despois virá a difícil tarefa de elixir unha imaxe que represente a cada un dos catro temas, gravalas nun CD e entregalas no control final, Praza do Rei ás 20h do domingo día 7.

Logo o traballo para os organizadores e o xurado, escoller as mellores series, facer as copias, enmarcar e montar unha exposición que, aínda que sen confirmar, esperan que sexa no mes de Outubro. Alí, ademais de ver as mellores series e por suposto as gañadoras, a organización cumprirá co seu compromiso de que se vexan todas as fotos de todos os participantes tal como vén facendo desde fai máis de 15 anos.

Xa sabedes se vos gusta a fotografía esta é unha ocasión para non perderse, garantimos bo ambiente, compañeirismo, risas e moitas boas imaxes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 29/07/2011

quehacerenvigo.es

Destacado