Manifestación contra os recortes do novo hospital

Manifestación contra os recortes do novo hospital

Juan Carlos Nesta
24/08/2015

O 3 de Setembro manifestación as 20h desde o Hospital Xeral de Vigo, por un hospital 100% público, sen recorte de camas e con laboratorio central.

A Consellería de Sanidade adxudicou un contrato de 1.300 millóns de euros á Sociedade Concesionaria do NOVO HOSPITAL DE VIGO S.A. para proxectar, construír e explotar os servizos do hospital. O proxecto público custaba 400 millóns. O novo hospital segundo a consellería tería 1.465 camas que engadidas ás 422 do Meixoeiro e as 117 do Nicolás Peña farían un total de 2.004 camas.

A realidade é ben distinta, o novo hospital abre con 845 camas, no Meixoeiro redúcense a 347 e no Nicolás Peña a 68, polo que disporemos 1.260 camas, é dicir 744 camas menos das prometidas e anunciadas.

A cambio dun hospital novo privatizado e recortado en tamaño e servizos, pechan o Hospital Xeral, o Cíes, o Rebullón e os Centros de Especialidades de Coia e Doblada, mantendo o concerto con Povisa.

Como consecuencia teremos menos sanidade pública e máis negocio para os seus amigos. Farán negocio con todo incluíndo incluso un novo copago, o parking de pago para usuarios e traballadores.

Coa privatización e recorte de camas, desaparecen e precarizan moitos postos de traballo e como consecuencia darase un peor servizo á cidadanía.

O día 3 de setembro pecha o Hospital Xeral, o “pirulí” para as persoas que xa temos algúns anos… Toda unha xeración naceu neste hospital, temos agora unha oportunidade de renderlle homenaxe e de reclamar un Hospital público e sen recortes onde poida nacer dignamente a próxima xeración.

Convoca: a Xunta de Persoal e apoia SOS Sanidade Pública.

Te puede interesar:

One thought on “Fiesta Año Nuevo 2019 Tokio y Gatsby

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.