IX MAGOSTO POPULAR E RECOLLEITA DO MILLO . Matamá

IX MAGOSTO POPULAR E RECOLLEITA DO MILLO . Matamá

Juan Carlos Nesta
27/09/2015

A Asociación Colectivo Cultural Alternativo Malaherba celebrará sábado 10 de Outubro nas proximidades do Muíño da Regueira (Matamá-Vigo) o IX Magosto Popular e a festa da Recolleita do Millo.

A festa comezará as catro da tarde, coa Recolleita do Millo sementado na festa da Sementeira, a finais de Abril. O millo será transportado nun carro tirado por unha parella de bois ata o lugar da festa para prodecer a esfollada.

A partir das 17H. comezarán os *OBRADOIROS PARA NEN@S* e as probas das *OLIMPIADAS DO CAMPO* para quen queira poida participar nas distintas probas anotándose previamente (mais información no facebook do colectivo malaherba).

As 19:00H. fará acto de presenza «PETER PUNK» co seu xenial espectáculo de animación, que a bó seguro maravillará coma sempre, a pequenos e maiores.

As 20:00H. procederemos ao REPARTO DE CASTAÑAS.

Á noitiña festa rachada. A partir das 21:00H. sucederanse as actuacións do home orquestra *CÉ ORQUESTRA PANTASMA* e o grupo folc *MIRAOTÍ*.

(HABERÁ ZONA CUBERTA POR SE CHOVE)

cartaz magosto 2015

Te puede interesar:

Este 22 de mayo hasta el 26, se celebra la Feria de Abril en Vigo, este año en Samil tras varios problemas organizativos.
Guerra civil, monteferro
Festival Pint Of Science en Vigo el 20 de mayo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.