Juan Carlos Nesta
27/09/2015

A Asociación Colectivo Cultural Alternativo Malaherba celebrará sábado 10 de Outubro nas proximidades do Muíño da Regueira (Matamá-Vigo) o IX Magosto Popular e a festa da Recolleita do Millo.

Ficha del evento:
  • 10/10/2015
    Fecha de inicio
  • 16:00
    Hora de inicio
  • matamá
    Lugar del evento

A festa comezará as catro da tarde, coa Recolleita do Millo sementado na festa da Sementeira, a finais de Abril. O millo será transportado nun carro tirado por unha parella de bois ata o lugar da festa para prodecer a esfollada.

A partir das 17H. comezarán os *OBRADOIROS PARA NEN@S* e as probas das *OLIMPIADAS DO CAMPO* para quen queira poida participar nas distintas probas anotándose previamente (mais información no facebook do colectivo malaherba).

As 19:00H. fará acto de presenza “PETER PUNK” co seu xenial espectáculo de animación, que a bó seguro maravillará coma sempre, a pequenos e maiores.

As 20:00H. procederemos ao REPARTO DE CASTAÑAS.

Á noitiña festa rachada. A partir das 21:00H. sucederanse as actuacións do home orquestra *CÉ ORQUESTRA PANTASMA* e o grupo folc *MIRAOTÍ*.

(HABERÁ ZONA CUBERTA POR SE CHOVE)

cartaz magosto 2015

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Nombre *