La Maravillosa Orquesta del Alcohol, coñecidos co acrónimo La M.O.D.A., abrirán a súa xira galega na Universidade da Vigo. O concerto terá lugar no teatro de Cidade Universitaria da UVigo mañá 22 de outubro ás 18.30. Trátase da primeira cita cultural da programación de outono-inverno da Universidade de Vigo, organizada pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

O sexteto burgalés vén de recibir o aplauso da crítica e o público en escenarios tan importantes como o do pasado Festival de Benicássim. A banda, que mistura música acústica con acordeón, banjo, mandolina e saxofón; móvese entre o folk, country e blues sen afastarse doutros estilos como o punk e o rock.

La M.O.D.A. conseguiu en catro anos tocar en festivais, salas de concertos, bares e a rúa, co seu primeiro álbum ¿Quién nos va a salvar? ata conseguir encher tres noites consecutivas a mítica sala Sol de Madrid. Agora inician unha nova xira co seu segundo traballo, La primavera del invierno. Este segundo álbum supón un paso decisivo para a consolidación do grupo. La M.O.D.A soa máis que nunca a conxunto, froito das infinitas horas de estrada e local de ensaio. O título do LP está inspirado na novela Primavera con una esquina rota de Mario Benedetti e fai referencia á dualidade entre as cousas boas e as malas que suceden na vida de calqueira persoa.
En canto ás letras, falan dos sentimentos, pensamentos e lembranzas de alguén cada vez máis próximo á idade adulta e máis afastado da nenez.

Entrada libre!

Data:    Xoves, 22 de outubro
Hora:   18.30 h  //  Entrada libre e gratuíta ata completar aforamento
Lugar:  Teatro de Cidade Universitaria. Univeridade de Vigo.

Universidad de Vigo, Vigo, España

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 21/10/2015

quehacerenvigo.es

Universidad de Vigo, Vigo, España

Destacado