Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 16/10/2014

Xa temos de novo aquí o IX Concurso Tapas no Casco Vello! Con 35 locais participantes, suculentas tapas a 1.50€, dende o venres 3 de outubro ao 2 de novembro.

Ficha del evento:
  • 03/10/2014
    Fecha de inicio
  • 12:00
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

Hoxe tivo lugar a súa presentación. Contamos coa presencia de D. Abel Caballero Álvarez, D. Santos Héctor e D. Cayetano Rodríguez, así coma Dna Itos Domínguez e D. Anxo Méndez

Estas son as bases do Concurso:

Os locais participantes ofertarán as tapas durante toda a semana no seu horario habitual do día 3 de outubro ao 2 de Novembro. Cada vez que acudas a un dos establecementos participantes no concurso, solicita que te selen o recadro correspondente ó local. Cando xuntes nun mesmo folleto 12 selos de establecementos diferentes, cubre cos teus datos persoais xunto co nome da tapa que desexas votar (de maneira lexible) e deposita o folleto en calquera das urnas que estarán dispoñibles nos locais participantes ata o día do remate do concurso.

A elección da mellor tapa levarase a cabo por un xurado popular, a través dos votos que emitirán todas as persoas participantes. Premios: Entre todos os votos, sortearase unha noite de aloxamento co almorzo incluído para dúas persoas nunha casa rural, 10 agasallos diversos cedidos polos nosos comercos asociados.

Mapa de locáis que participan no concurso:

1 thought on “IX Concurso de Tapas do Casco Vello

Deja un comentario