Istas son as bases para presentar as obras ó Festival Primavera do Cine en Vigo, tedes ata o 17 de Abril. O festival terá lugar entre o 3 e o 7 de Xuño.

A Concellería de Cultura, Festas e Museos colaborar un ano máis coa agrupación cultural O Reencanto producións na cuarta edición do Festival Primavera do Cine en Vigo, no que os creadores poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia. O festival desenvolverase entre os días 3 e 7 de xuño.

Como principal novidade nesta edición de 2015, o Festival aposta polo mundo da lusofonía, ofrecendo unha mostra de filmes procedentes de países de fala portuguesa. Con esta iniciativa, o Festival pretende abrirse a propostas cinematográficas de carácter internacional e seguir ofrecendo un debate aberto sobre as posibilidades do sector audiovisual en Galicia, para aprender e medrar como industria dende a colaboración con cinematografías da área lusófona.

Poderán optar á exhibición e participación en concurso as obras audiovisuais feitas en Galicia ou por galegos, dende os comezos do noso audiovisual. As seccións en competencia serán as seguintes:

  • Longametraxe (ficción, documental ou animación) maior de 30 min.

  • Curtametraxe (ficción, documental ou animación) menor de 30 min.

  • Videoclip galego.

Ademais, poderán optar á exhibición, fóra de concurso, as obras audiovisuais feitas en calquera dos países que forman parte da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, coas seguintes categorías:

  • Longametraxe (ficción, documental ou animación) maior de 30 min.

  • Curtametraxe (ficción, documental ou animación) menor de 30 min.

As datas para presentación das obras será do 12 de marzo ao 17 de abril; a inscrición é de balde.

primaveradocine

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 19/03/2015

quehacerenvigo.es

Destacado