O vindeiro sábado 20 de abril celebrarase no Espacio Nido, en Vigo, unha sesión de fotos profesional gratuíta dirixida a todo aquel que queira mellorar a súa imaxe nas redes sociais.

A retratista Nerea Pérez e a maquilladora Rocío Davila crean as sesións Instachán. Instachán son sesións de fotografía profesional con maquillaxe para poñer boa cara nas redes sociais, mellorar a imaxe e ter mellores oportunidades no mundo laboral. A primeira sesión é gratuíta e realizarase o sábado 20 de abril de 10 da mañá a 13:30 no espazo de coworking Espacio Nido, situado na rúa Manuel Núñez 35 baixo, no centro de Vigo.

Nerea Pérez, fotógrafa, e Rocío Davila, maquilladora, déronse conta da importancia que teñen as redes sociais hoxe en día á hora de atopar traballo e decidiron impulsar Instachán, un evento no que ofrecen os seus servizos de xeito gratuíto e no que entregan ós participantes unhas fotos aptas para poñer nos seus perfís profesionais.

Cada vez son máis as persoas que empregan redes sociais como Linkedin ou plataformas online como Infojobs na pesquisa de novas oportunidades laborais. En todas elas é preciso subir unha foto de perfil e moitas veces os usuarios non dispoñen de fotos coa suficiente calidade o que dá mala imaxe e os prexudica á hora de ser os escollidos entre centenares de candidatos.

Nun momento en que a demanda de emprego supera a oferta, calquera pequena diferenza pode ser a que determine que un candidato sexa seleccionado en detrimento doutro. Por iso, un detalle como a foto pode ser decisivo. Nerea e Rocío, a través de Instachán, queren facerllo máis doado ás persoas á hora de atopar un traballo.

Inscricións:

Instachán xurde grazas á colaboración de Espacio Nido que acollerá a primeira sesión na mañá do sábado 20 de abril. As inscricións poden facerse a través do evento Instachán en Facebook ou a través do correo electrónico info@leontinoielias.es

Biografía:

Nerea Pérez é de Nigrán, estudou fotografía en Madrid e é unha especialista en mirar dentro das persoas e sacar o mellor delas. Rocío Davila é de Vigo onde fixo estética. Trasladouse a Madrid para formase como maquilladora, a súa gran paixón, e asesora de imaxe e alí traballou en pasarela e fotografía. A iniciativa Instachán xurdiu na capital, de xeito improvisado, cando comezaron a reunirse con amigas para maquillalas e sacarse fotos. Pódense consultar os seus traballos nas webs:

Nerea Pérez: http://nereaperez.carbonmade.com

Rocío Davila: http://www.litmind.com/rociodagra

Un comentario en “Instachán: Mellora a túa imaxe nas redes sociáis gratis

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 12/04/2013

quehacerenvigo.es

Destacado