Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 28/04/2016

O vindeiro sábado 30 de abril ás 23:00 Triatreros volve a Sala Ártika cunha edición especial do seu espectáculo Impronews¡ Esta vez o espectáculo transformarase nunha gran festa na que haberá música, teatro, maxia e improvisación.

Ficha del evento:
  • 30/04/2016
    Fecha de inicio
  • 23:00
    Hora de inicio
  • ártika
    Lugar del evento

Nesta ocasión o público poderá tamén achegarse o bar da sala e consumir algunha copichuela xa que será neste espacio onde teña lugar a actuación.

Modo de empleo deste espectáculo:

Antes do comezo da función o público recortará noticias reais e inventará as súas propias, a partir deste material 4 hipervitaminados reporteiros darán vida o material en forma de escenas humorísticas e hiperbólicas que divertirán o público asistente.

Ademáis da improvisación que outras cousas atopará o público:

• Unha incandescente banda composta de voz, teclados e batería. Que dará a benvida o público, animará e terá que improvisar durante as escenas.

• Un ilusionante e ilusionista invitado…. Alex Louzao un mago cun don especial… saca risas da súa “chistera”.

Todo isto e moito máis o vindeiro sábado na Sala Ártika¡¡

Máis info:

Data da función: 30 de abril

Hora: 23:00

Lugar: Sala Ártika (Vigo, Avenida Beiramar, 113)

Nome do espectáculo: Impronews Party Editión (comedia, música e improvisación)

Prezo da entrada: 7 Euros. Punto de venta na propia sala ou en https://www.ticketea.com/entradas­teatro­impronews­en­vigo/

1 thought on “Impronews Party Edition (comedia, música e improvisación)

Deja un comentario