Vigo é unha cidade vinculada ao jazz desde hai décadas; en realidade, non só ao jazz senón en xeral á música contemporánea que atopou na cidade sempre un aliado. Nesas coordenadas pódese comprender facilmente porque a celebración cada verán do Festival de Jazz Imaxina Sons converteu o evento nun signo da identi- dade cultural de Vigo.

Na edición de 2011, a sétima xa, o festival transitará por un conxunto de espazos en rede transformando a cidade nun amplo club de jazz, cunha amplificación capaz de atraer xa o interese de públicos, non só de fóra da cidade, senón de fóra de Galicia. Esta nova edición de Imaxina Sons, promovida pola concellería de Cultura e Animación Sociocultural do concello de Vigo, desenvolverase do 17 ao 25 de xuño. Entre as figuras confirmadas no cartel atópanse Avishai Cohen, Nils Petter Molvaer, Sidsel Endresen, Neil Cowley e John Taylor. A sétima edición é a primeira para o compositor e pianista Nani García como responsable da programación de Imaxina Sons.

Este ano ademais o festival desenvolverase durante oito días mantendo a diversidade de concertos, espazos e seccións que en anteriores edicións. O armazón de Imaxina Sons susténtase en princi- pios tan simples como relevantes á hora de pensar a programación: a oferta do festival quer ser compacta en canto á calidade e diversa en canto a públicos e tendencias. Ao longo da súa andaina o festival respondeu ás expectativas do publico de jazz máis esixente coa participación de artistas e grupos referentes da vangarda europea. Non deixou, porén, de atender a actualidade da música improvisada porque Imaxina Sons é un festival apaixonado polo momento, polos novos valores nos escenarios e polos territorios entolecidos nos que concorre o jazz no século vinteún.

Que é o que vai acontecer nesta sétima edición? Se falamos de jazz en 2011 debemos referirnos ao contra- baixista Avishai Cohen e ao seu traballo Seven seas, que o está a converter na nova estrela do jazz mundial facendo coincidir os gustos de público e crítica. A organización do festival síntese especialmente satisfeita de que sexa o responsable de inaugurar esta edición de Imaxina Sons o venres 17 de xuño no Centro Cultural Caixanova. Ou tamén podemos reparar en Neil Cowley, o encumiado pianista británico en estado de gracia nos últimos tempos, cun traballo que tira da audiencia pop.

Podedes encontrar as entradas na páxina de servinova ou máis información na páxina do festival.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 16/06/2011

quehacerenvigo.es

Destacado