Juan Carlos Nesta
21/05/2014

O Xoves 29 de Maio recibimos en Vigo a divertida proposta de Ilustres Ignorantes. A cita será ás 21h no Teatro García Barbón de Vigo.

Ficha del evento:
  • 29/05/2014
    Fecha de inicio
  • 21:00
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

Javier Coronas, Javier Cansado e Pepe Colubi recrearán nos espazos da entidade galega as entrevistas e análises do seu programa televisivo.
O espectáculo contará cun invitado ou invitada sorpresa.

Despois do éxito do programa televiso homónimo que emite Canal + 1, Javier Coronas, Javier Cansado e Pepe Colubi percorren os diferentes teatros estatais nunha xira en que pon de manifesto o seu especial sentido do humor para tratar calquera tema, por moi controvertido que pareza. Unha das riquezas deste espectáculo que coinciden en sinalar todas as análises críticas é a capacidade de improvisación en cada unha das funcións. Esta unicidade vén dada polo feito de que, aínda que os tres protagonistas son constantes en todas as representacións, sempre hai un invitado sorpresa que achega este intre de novidade nunca planificada e que supón que cada espectáculo sexa unha obra exclusiva.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Nombre *