II Gala de Maxia de Cerca, Teis

II Gala de Maxia de Cerca, Teis

Juan Carlos Nesta
17/03/2017

A Asociación de Magos e Ilusionistas Vigueses (AMIV) celebrará a II Gala de Maxia AMIV o día 25 de marzo na Oficina do Distrito de Teis (Camiño Maceiras s/n, Teis, Vigo).

A AMIV, unha asociación fundada en 2014 formada por ilusionistas de Vigo e área metropolitana, organizan por segundo ano consecutivo a súa Gala anual, que consta de dous espectáculos para todos os públicos na Oficina del Distrito de Teis: unha Gala de Maxia de Cerca, programada para as 17:30 e cun aforo de só 30 persoas; e unha Gala de Escena ás 19:30 no auditorio, cun aforo de 300 persoas.
Os ilusionistas que actuarán nestas galas son:

Gala de Cerca:
– Óscar Fernández
– Martín Rodríguez
– MonttyWiet
– Carlos Tomico
– Sara Rodríguez

Gala de Escena:
– Xulio Merino
– Sergio Sienes
– Sara Rodríguez
– Luis Márquez
– Carlos Tomico

As entradas, un donativo para a asociación, poden adquirirse en billeteira (5€) ou a prezo reducido (3€) nos seguintes establecementos: Café “La Rosa Negra” (Rúa do Ecuador 93, Vigo), Café “De Catro a Catro” (Rúa Girona 16, Vigo) ou na bocatería “O patín”, (Avda. Dr. Corbal 23, Vigo).

Te puede interesar:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.