IV Ruta Gastronómica do Pincho de Redondela

IV Ruta Gastronómica do Pincho de Redondela

Do 10 ao 26 de abril celébrase en Redondela a 4ª edición da Ruta Gastronómica do Pincho de Redondela.

Unha Ruta por 26 establecementos participantes dende o casco urbano de Redondela, pasando polo centro de Chapela, descubrindo as Praias de Cesantes e Area Longa, nas máis acolledoras contornas rurais de Cedeira e Reboreda ou deixándose ir algo máis aló do alto de Saxamonde. Poderás degustar os sabores da nosa terra!

Pincho + Viño ou Cervexa = 2,95€

Achégate a Redondela e goza da sua Hostalaría, vota os mellores pinchos e poderás gañar relaxantes e deliciosos premios:

  1. Noite para dúas persoas no Hotel Balneario Augas Santas + Ruta Terman + Visita á Adega Regina Viarum con degustación de viño.
  2. Comida para dúas persoas nun dos locais participantes da ruta que elixa o premiado + Botella de viño.
  3. Dous pases para Circuito Termal completo no Talaso de Baiona (De Luns a Sábado)

Ademáis premio directo para os clientes que rematen a ruta (12 primeiros): Botella de Viño Magnumcon D.O. Rioja ou Albariño.

Non te perdas as fotos dos pinchos:

pinchos

One thought on “IV Ruta Gastronómica do Pincho de Redondela

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.