Gran Festa Veciñal 2013

Gran Festa Veciñal 2013

Juan Carlos Nesta
15/10/2013

Teté Delgado co-presentará a Festa Veciñal 2013 o vindeiro 20 de outubro na A.V.Emilio Crespo de Navia.

O vindeiro domingo 20 de outubro na Asociación Veciñal Emilio Crespo de Navia, terá lugar como tódolos anos a FESTA VECIÑAL, coa colaboración das 36 asociacións veciñais federadas e a participación dos seus asociados, veciñas e veciños de todos os barrios da
cidade.

O evento abrirá as portas ás 10 da mañá onde comezarán algunhas das actuacións dos grupos folclóricos das distintas asociacións, seguirá a entrega de homenaxes veciñais do ano e o xantar de confraternidade.

Actuacións:

A partir das 17.30hrs. pratos fortes coma Moxenas Musical Galego, o coro de música negra V-Go! Negro son da FAVEC ou grupo convidado Jean Bruce and The Fangs, entre outros.

Este ano, a co-presentación do acto corre a man da polifacética actriz, presentadora, humorista e cantante galega Teté Delgado, que virá a por o punto de improvisación e humor que toda festa popular necesita.

Todas as veciñas e veciños de Vigo están convidados a cita deste domingo e compartir o gusto pola música.

Xantar de confraternidade:

As socias e socios das Asociacións poderán acudir previa reserva na súa asociación ou na propia FAVEC (Pz. Princesa 7, 2º) antes do vindeiro xoves ao xantar de confraternidade veciñal que este ano correrá a man do Catering Don Pepe, no que haberá boa conta de pulpo, empanada e xarrete. Para os maiores o prezo do xantar será de 15.00€ e por cativo
8.00€.

O remate estará sobre as 20.00hrs. Boa música, Boa Comida, Boa Festa e participación cidadá que farán da Gran Festa Veciñal de Vigo a cita ideal para o vindeiro domingo.

cartaz festa veciñal

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.