Gran concerto de aninovo, Johann Strauss

Gran concerto de aninovo, Johann Strauss

Juan Carlos Nesta
16/12/2016

Afundación acollerá en Vigo (e Pontevedra) o gran concerto de aninovo , Johann Strauss, da man da Strauss Festival Orchestra e a compañía Strauss Festival Dance Ensemble.

A actuación terá lugar o día 28 de decembro, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) ás 20.30 h. O programa está inspirado na tradicional cita musical que cada ano se celebra en Viena e inclúe os títulos máis coñecidos do rei do valse: Napoleón, Festa das flores, O valse do emperador ou Champagne. Non faltará , tampouco, o valse máis soado de todos, O belo Danubio azul, nin a Marcha Radetzky que, compasada polas palmas do público, adoita pechar a velada.

As entradas xa están dispoñibles a través das vías habituais de comercialización da entidade: mediante a web de www.Ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

 

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.