Galician Freaky Film Festival en Vigo | 2018

Galician Freaky Film Festival en Vigo | 2018

Chega a Vigo o Galician Freaky Film Festival, o certame máis gamberro de cultura e cinema freak.

O Galician Freaky Film Festival terá lugar do 25 ao 27 de outubro, proxectaranse na sala Videodrome (no Mercado do Progreso) máis de 30 obras audiovisuais tanto galegas como nacionais e internacionais.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL

O Galician Freaky Film Festival é un certame de cinema e cultura freak de orixe galega que  terá lugar o 25, 26 e 27 de outubro e que naceu cun claro obxectivo: reivindicar o frikismo galego que comezou nos anos 90 coa Movida viguesa de Siniestro Total e Os Resentidos e con filmes tan característicos coma A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos; continuou co rock bravú de Heredeiros da Crus e se consolidou co Xabarín Club, grazas o cal toda unha nova xeración coñeceu ao anime.

GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é un evento de cinema e cultura freak. Ao longo de tres días amosará unha insólita selección de pezas audiovisuais que habitualmente vense privadas das canles habituais de distribución no estado.

Máis de 30 filmes durante tres días

Os días 25, 26 e 27 de outubro poderanse ver en Vigo máis de 30 obras e se farán diferentes actos paralelos entre os que destaca a mostra do artista de “horror art” Josef Méndez que, pouco despois do festival, voará ata Alemaña para estar no Weekend of Hell, o festival de horror máis quente de Europa, segundo o propio eslogan do evento.

Por suposto, o Galician Freaky Film Festival está a preparar outras actividades paralelas que se sucederán entre o mes de setembro e outubro. Así, haberá charlas cos directores dos filmes, concertos, un espazo para o gaming, con máquinas recreativas antigas, e moito gamberrismo para que Vigo se converta na capital friki de Galicia e o certame se consolide como un evento de referencia na comunidade e fóra dela.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.