O Freixo Rock ’14 xa chegou. Temos toda a información que precisades para non perdervos detalle. Están de volta! E cargados de enerxía.

Este 2014 poderemos gozar dunha nova edición do Freixo Rock. Nos últimos anos o evento perdeu continuidade, sendo as últimas edicións no 2008 e no 2011. Esta última, foi levada a cabo durante a homenaxe ó noso querido Juan de Freixo, quen fora cabeza destacada na organización do festival. Pero este ano aquí estamos de novo: o 9 e 10 de maio, todos e todas a Freixo (Vigo)!

Se cadra lembras ás primeiras veces que se celebrara o evento, xa que podemos ver como no cartel hai unha gran variedade, incluíndo un monólogo e 11 grupos de diferentes estilos e orixes, entre os cales atopamos dous moi potentes chegados de fóra de Galiza. Se historicamente pasaron polo festival grupos do talle de Reincidentes, Boikot, Skalariak, Porretas ou Skarface, por poñer algún exemplo, este ano temos como cabezas de cartel a nada menos que The Locos e Fe de Ratas.

O venres 9 ás 22.00 comezaremos cun monólogo de Avelino González e logo pasarán polo escenario os seguintes grupos: R.I.F. (Punk Rock – Freixo), Liviao de Marrao (Rock Bravú – Chantada), Fe de Ratas (Punk Rock – Asturias) e Tiro na Testa (Punk Rock – Lalín). Ademais, mentres se realizan os cambios destes grupos, teremos connosco a Cé Orquestra Pantasma (Home festa – Freixo).

O sábado, a partires das 21.30, actuarán: Rockin’ for Tangas (Hardcore Festivo – Valadares), Skandalo GZ (Punk Ska – Ponteareas), Falperrys (Punk Folk Tabernario – Vigo), The Locos (Ska Punk – Madrid) e Demencia Sonora (Punk Rock – Freixo). Nesta ocasión contaremos coa Fanfarria Taquikardia (Vulcánica Extrema Festeira – Galiza) para amenizar as pausas.

Na Peña Freixo traballamos duro y sen pausa: organizamos baixadas de carrilanas e bingos, montamos postos de bebida e comida en festas varias, vendemos rifas… incluso chegamos a atrevernos cun Tuppersex! E todo isto facémolo para poder ofrecervos dous días de festa totalmente de balde, con zona de acampada, carpa e unha gran combinación de artistas.

Máis info:

@FreixoRock
http://freixo.net/

freixo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 01/05/2014

quehacerenvigo.es

Destacado