Info actualizada el 16 de feb 2011:
Este 17 de febreiro de 2011 terá lugar en Vigo o “Percebe Son”, foro musical, cultural e de entretemento organizado polos alumnos de 2º de Producción Audiovisual do I.E.S. Audiovisual de Vigo (avenida Eduardo Cabello, s/n, Bouzas, xusto detrás do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC).
O foro “Percebe Son” nace ante as inquedanzas culturais e musicais do Equipo de Normalización Lingüística do I.E.S. Audiovisual de Vigo e dos alumnos de 2º de Produción Audiovisual, de Radio e Espectáculos. Entre os obxectivos do foro están o de pór en contacto aos músicos máis novos con outros de consolidada traxectoria, así como dar a coñecer ao público bandas que están a comezar e crear un espazo no que todo o mundo se sinta cómodo e animado á participación.
“Percebe Son” contará con diversas actividades durante todo o día. Pola mañá unha charla coloquio sobre música galega con Xurxo Souto (ex líder e vocalista de Os Diplomáticos de Montealto e líder da banda Os Tres Trebóns, presentador de televisión e locutor de radio) o actor e músico Tonhito de Poi (ex cantante e guitarrista de Heredeiros da Crus), o fundador da web Toupa.net Sergio Lago, o membro da promotora cultural Eme2 e batería da banda The Homens Xocas Lopez e a rapeira viguesa Aíd.
A continuación, gravarase no estudio de radio da escola o programa “Planeta Furancho” da Radio Galega Música. Xa pola tarde haberá unha exhibición de videoclips de música en galego e habilitarase unha sala para cantar no “Galeoke” o karaoke galego. Ademáis, no aparcamento exterior da escola terá lugar unha exhibición de billarda (xogo tradicional recentemente recuperado polas novas xeracións galegas) a cargo da Liga Nacional de Billarda e na cal poderá participar o público que o desexe.
E para rematar a xornada, terán lugar o concerto acústico de Ataque Escampe (na Sala de Exhibicións) e os concertos deSom do Galpom, Terbutalina e Marxe Eskerda no Auditorio do I.E.S. Audiovisual de Vigo.

Para máis información e próximas confirmacións: percebeson@gmail.com e http://percebeson.wordpress.com

Colaborador: Fer Martinez

Foto de : Pedro Moura Pinheiro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 29/01/2011

quehacerenvigo.es

Destacado