Fai pouco enviáronme info fresquiña sobre a fogueira e os prezos anticrise que poderán encontrar en breve arredor da fogueira do Pau de Navia. Isto é o que nos contan: (Tedes un mapa con outras alternativas por Vigo)

A Asociación de Veciños Novo Vigo presenta a súa fogueira de San Xoán
– Prezos anticrise de protección extraoficial: 2,50 euros por duas consumicións
– Comida e bebida a partir das 21h . Prendido da fogueira as 00h
– Queimaranse apuntes do curso rematado e notas con malos recordos e bos desexos
– O meco que coronará a fogueira está feito por residentes de APAMP, Asociación de Parálise Cerebral

Este domingo 23 de xuño, pola noite, a partir das 21:00h a Asociación de Veciños de Novo Vigo organizará a súa segunda Cacharela de San Xoán.

Ubicación

A ubicación escollida pola asociación para a queima está situada nunha das partes máis altas do PAU de Navia, na Rúa Lamelas, ao lado do Pavillón de Deportes de Navia, o cal permitirá gozar a case todos os veciños que teñen vistas ao parque da visión das chamas do lume purificador, o cal esperamos que sirva de faro para guialos ata o punto de encontro. Esperamos que os veciños, consuman ou non, acomódense arredor da cacharela para gozar da tradición xuntos.

Prezos populares

Grazas á colaboración dunha gran parte dos comercios do barrio, e da Concellaría de Festas poderase acceder a prezos populares, 2,50 euros para un pack flexible de dúas consumicións que poderán ser 1 bebida (auga/refresco/viño/queimada) + 1 porción de comida (empanada/chourizo/criollo), ou 2 bebidas, ou dúas comidas. Os socios da A.VV., percibirán un pack de invitación e máis un ramallete de herbas aromáticas de San Xoán para lavarse a cara ao día seguinte seguido o rito. Haberá a posibilidad de achegar á fogueira apuntes de fin de curso con supervisión, así como de queimar notas escritas cos malos recordos a queimar e cos desexos a pedir ao aire…

Meco preparado con moito cariño

Residentes de APAMP, persoas con parálise cerebral, con sede no PAU de Navia, prepararon con moito cariño e ilusión un impresionante meco a tamaño real dunha persoa que coronará a fogueira.

A programación prevista para a noite é como segue:

21:00 Cea Popular Chourizada, Criollo, Empanada e Bebidas
21:30 Animación
00:00 Arranque cacharela
01:00 Queimada

Estades todos convidados a compartir esta noite máxica cos veciños do PAU de Navia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 23/06/2013

quehacerenvigo.es

Destacado