Primavera do Cine é un festival de cine galego con moi boa acollida polo publico galego e celebrado en Vigo. O Festival Primavera Do Cine pretende construír unha ponte entre a produción audiovisual feita en Galicia ou por galegos e o seu público natural. Vén a disfrutar do 7 arte.

Temos tres categorías xa definidas: Curtametraxe, Longametraxe e Videoclip. A diferencia de outros festivais, poderán optar á Sección Oficial obras de calquera data pasada. Tamén deixar constancia de que se trata dun xurado popular, no que son os espectadores os que deciden cales serán as obras gañadoras.

As datas definitivas do Festival Primavera Do Cine de éste ano son do 4 ó 8 de Xuño (ambos inclusive). Haberá unha sesión de apertura que inclúe un concerto e a proxección, ó aire libre, das obras gañadoras da pasada edición. O longo da semana proxectarase en tres salas: O auditorio do Concello de Vigo, o Marco (Museo de arte contemporanea de Vigo) e unha sala no casco vello onde se pasarán os videoclips e se fará a festa de clausura. O Domingo e derradeiro dia desta edición, celebrarase no auditorio do Concello, a Gala e a Entrega de premios; na que haberá unha proxección sorpresa, teatro interactivo en vivo, cotillón, e a participación activa de persoeiros recoñecidos da nosa cinematografía e do mundo da cultura. Ademais na programación haberá exposicións, cine ao aire libre, concertos, xornadas de cine infantil… encontros entre público e directores, ademáis dos debates sobre a situación do audiovisual en Galicia.

ACTUALIZACIÓN 13/05/2014: A organización xa fixo pública a programación do Festival Primavera Do Cine 2014 en Vigo:
festival de cine gratis

Fuente y más información do Festival Primavera Do Cine na páxina web: Festival Primavera Do Cine 2014 o facebook: Festival Primavera do Cine en Vigo.

Este é o bono que podes adquirir a través de Festival Primavera Do Cine 2014
Festival Primavera Do Cine

Xa están seleccionadas as obras da Sección Oficial de éste ano 2014:
LONGAMETRAXES:
“El triste olor de la carne” de Cristobal Arteaga Rozas, “Dos fragmentos/Eva” de Ángel Santos, “Desde dentro do corazón” de Antón Caeiro, “A pegada dos avós” de Xosé Abad, “El rayo” de Fran Araújo, “O pequeno mago” de Roque Cameselle, “Blockbuster” de Tirso Calero

CURTAMETRAXES:
BLOQUE 1
“3-1=0” de Juan Galiñanes, “Llena eres de gracia” de Pedro Sancho, “Acuarium Nostrum” de Xisela Franco, “Sangre de Unicornio” de Alberto Vázquez, “Segundos” de Pablo Martínez, Ana Puentes e Juan Guerci, “October” de Gonzalo Caride

BLOQUE 2
“Vacacións” de Xiana Gómez, “Pato extraterrestre” de Pedro Sancho, “Mal de sangre” de Pedro Díaz, “Tupper” de Ángel Manzano

BLOQUE 3
“Dinosaurios en 3D” de Juan Beiro, “Everest” de Rafa de los Arcos, “Suicidio Lamprea” de Guillermo Arias-Carbajal, “Deil” de David Rodríguez

VIDEOCLIPS
Gero Costas – Thee blind crows – Leaving Alone, José Luis González G. Barceló – Inculpados – La primera vez, Iñaki Gil – The Blows – Ira, Miguel Grandío – Vicky Polard – Sem Säida, Alfredo Pardo Hermida – Liviao de Marrao – Narco-corrido Ribeirao, Juan Salgueiro – El Puto Coke – GgAaL-EGO, Angel Luis M. Salo – Egonia – Lunes, Pablo Aragüés Millan – Urbano Cabrera. Ninguén Escoitou, Jose Araújo – Cró! – Wilda, Francisco Gallego Guisán – The Gone & Lost – Banshee, Escuela de Imagen y Sonido de Vigo – When Ocean Burns – Miles of Hopes – Manex Mendizabal – Pus de Alce – El Cuervo, Tutanpancho Producciones – Nelson Quinteiro – Canto de Andar o Camiño.

Festival Primavera Do Cine

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Imagen de perfil de Steve Dominguez
Steve Dominguez
Redactor de QHV

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Imagen de perfil de Steve Dominguez
Autor:
Redactor de QHV
Publicado el: 06/05/2014

Destacado