Festival nun Local 2018

Festival nun Local 2018

Chega a Vigo a IV edición do Festival nun Local os próximos 15, 16, 17 e 18 de marzo .

Festival Nun Local 2018

É un festival multidisciplinar que pretende fomentar as artes locais a través dunha simbiose co negocio pequeno; cultivando artistas, creando públicos e dinamizando barrios. Desde o 2014, en tres edicións participaron máis de 400 artistas en 123 escenarios de todo tipo; bares, panaderías, ferraxerías e mesmo unha inmobiliaria.

Durante uns días, o barrio transfórmase en festival. As artes en todas as súas formas a pé de rúa, no bar de sempre, na peixaría – os escenarios das nosas vidas.
Mesturamos poesía con pop, maxia con microteatro. Hai aforamentos desde setenta persoas ata sete.
Veteranos xunto a novos talentos. O local. O espazo en se se incorpora ao proceso artístico.

IV edición
Tras recibir ao redor de 250 propostas chegadas de toda España. O Festival cumple o seu lema (“o pequeno pode ser grande”) e crece, ampliándose tanto en datas como en barrios; Churruca (xoves), Casablanca (venres) e Casco Vello (sábado e domingo), onde comenzou todo.

 

Podedes atopar o programa completo do festival na sua páxina web.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.