Mañá martes, 29 de abril, ás 17.00 horas, cinco grupos participantes no programa Ensaiamos subiranse ao escenario do teatro de Cidade Universitaria da Universidade de Vigo.

Ensaiamos é un programa que a UVigo promove desde o ano 2006. Nel, ofrécese a grupos -nos que polo menos haxa un membro da comunidade universitaria para os dúos e dous para as bandas a partir de tres membros – un lugar onde ensaiar e parte do equipo de son necesario para facelo. Este ano, grazas á calidade dos grupos que formaron parte do programa, organízase un festival – Ensaiamos Colleita 2014 – composto por un concerto principal que terá lugar mañá e dous microconcertos que se desenvolveron a pasada semana.

Os grupos:

Sureño Poderoso, Equis, Sleep Alone, Los turbis e Ubin poranse diante do público nun concerto que comeza ás 17.00 horas

No concerto de mañá subiranse ao escenario Sureño Poderoso, grupo que se define como creador de ritmos lentos e pesados e de baixa frecuencia; Equis, formado por enxeñeiros de Teleco e Industriais, que se xunta “para facer barullo”, afirman, baixo as influenzas de Siniestro Total, ZZTop, AC/DC ou Bad Religion; Sleep Alone, que fan folk de inspiración rebelde; Los Turbis, que camiñan entre a inspiración de Mozart e Sociedad Alkohólica, e Ubin que recomendan que a súa música sexa consumida en alta doses e frecuencia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 28/04/2014

quehacerenvigo.es

Destacado