Festival de Títeres de Redondela 2016

Festival de Títeres de Redondela 2016

Do 16 ao 22 de maio teremos unha nova edición do Festival de Títeres de Redondela. Oitenta representacións nas rúas e prazas de Redondela.

As rúas de Redondela chearánse de títeres de 26 compañías chegadas de toda Europa. A programación do festival dividirase entre as representacións de taquilla (Multiusos de A Xunqueira) e as representacións de balde en rúas e prazas. Os escolares tamén gozarán do festival.

Festival Internacional de Títeres de Redondela, Memorial Juanjo Amoedo

Espérase atraer a máis de 35.000 visitantes durante os días que dura o festival. Deixámosvos o enlace co programa do Festival de Títeres de Redondela 2016.

MERCADIÑO TITIRITEIRO-2016
O Festival propón, un ano máis, un espazo na ALAMEDA onde artesáns da zona podan expor as súas creacións no chamado Mercadiño Titiriteiro.
Este ano teremos Mercadiño os días 17, 21 e 22 de maio.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.