Imos facer un percorrido pola cidade das festas que vanse celebrar co gallo do Samaín. Son festas pensadas para os máis pequenos da casa, xa sabedes, iso de preparar as cabazas, e facer un pouco de festa con castañas, música e outras actividades.

Para ser correctos o artigo está moi, moi inspirado no que nos contan dende Mini Vigo, así que a miña mención para eles:

Festa en Navia:

Dende as 18 horas: Leva o teu cabazo!

Terei que comezar pola miña parroquia, San Paio de Navia na que ista festa e toda unha tradición. Xa van varios anos cun éxito rotundo, e os rapaces aguantan ata a noitiña toda a festa.

Se fai bo tempo celébrase na Alameda de Navia e se non trasládase o Centro Cultral. AAVV Emilio Crespo.

Haberá Castañas para os veciños, teatro, pandereteiras, etc.

Festa no Berbés:

Na praza do Berbés e con carpa por se a choiva fai acto de presencia.

Dende as 17:30 ata as 20 horas. Obradoiros de maquillaxe, música e magosto…

Festa no Paseo de Alfonso XII:

De 18 horas a 20h. Cancélase en caso de choiva.

Talleres temáticos e distintas actividades.

Tedes máis información en Mini Vigo de cada unha das festas. Recoméndovos que os sigades se tedes peques na casa!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 29/10/2012

quehacerenvigo.es

Destacado