Festa do Samaín no Berbés

Festa do Samaín no Berbés

Juan Carlos Nesta
26/10/2015

A asociación do Casco Vello organiza na praza do Berbés unha festa do samaín o 31 de Outubro a partir das 17h. Se chove haberá carpa.

É unha festa especialmente dirixida para os cativos. Isto é o que nos contan dende o evento da asociación:

A véspera de Santos, no serán do sábado 31 de outubro, na praza do Berbés, celebraremos a Festa do Samaín. Unha festa, dirixida de xeito especial ás criaturas, pero na que tamén participaremos as xentes de máis idade para transmitirlles as tradicións, os costumes, as lendas, e divertírmonos todos e todas.

A Festa do Samaín é unha celebración das máis antigas do mundo celta, na que se celebra o remate do verán e das colleitas, e se lle abre a porta a estación escura, o inverno, coa que comezaba o novo ano. Unha oportunidade de relación entre os vivos cos seus antepasados.

PROGRAMA DA FESTA

– Obradoiro de cabazas
– Magosto infantil
– Saída da Santa Compaña polo barrio
– Foliada de defuntos

En breve comezarase a confirmar o programa definitivo da festa. Haberá carpa contra o mal tempo.

Casco Vello

Te puede interesar:

2 thoughts on “Fiesta Año Nuevo 2019 Tokio y Gatsby

  1. A Real Confraria da Cabra Velha gostaria de saber qual o email da Confradia del viño do Condado de Tea.
    Saudações gastronómicas
    O Real Provador

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.