A segunda edición da Festa do Rei Sol é unha proposta de posta en valor dun castro en Viladesuso (Oia) a través da recuperación da memoria oral. Ao longo da tarde-noite sucederanse contos e lendas intercalados con música e potenciados con iluminación e son. Tamén haberá tempo para unha merendola campestre e a degustación da cervexa artesá ‘Rei Sol’ (Trisk-Ale).

O evento arrancará a partir das 17:30 horas. A primeira fita será ás 18:00h cunha visita guiada ao castro. A partir de aí sucederanse actuacións do grupo de teatro de Mougás e o grupo ‘O Mellor de Cada Casa’, nas que relatarán algunhas das mitoloxías da Gallaecia antiga recollidas no libro Vento e Chuvia, de Manuel Gago.

Co solpor a programación porase en pausa para contemplar o maior espectáculo que nos da a natureza: a propia posta de sol. Todo aderezo é prescindible; tan só se acompañará ese máxico momento coa música de A Fiada de Viladesuso.

Unha vez que se mergulla o sol no océano, o evento culminarase coa actuación estelar de Avelino González. O actor vigués – coñecido por encarnar o personaxe de Miñato na serie da TVG Padre Casares – fará un espectáculo de narración oral preparado especificamente para este día, no que se recollen algunhas lendas e contos locais. Ademais, este espectáculo nocturno irá acompañado de iluminación e son deseñado especialmente para a ocasión por Limiar Teatro.

Ademais de moito teatro, a Festa do Rei Sol estará amenizada coa música tradicional de A Fiada de Viladesuso. Tamén haberá postos de comida e bebida, incluído unha billa de cervexa artesá ‘Rei Sol’, elaborada por Trisk-Ale.

cartel-festa-do-rei-sol

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Imagen de perfil de colaborador
colaborador

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Imagen de perfil de colaborador
Autor:
Publicado el: 21/09/2016

Destacado