As Festas de San Sebastián do Porriño, que se celebrarán os vindeiros días 26, 27 e 28 de Agosto, traerán este ano a Tony Lomba e moitas novidades na súa programación.

Seguindo a estela de colaboración do ano anterior, a Comisión de Festas de San Sebastián contará coa participación da Asociación de Veciños de San Beninto e San Sebastián do Porriño no impulso á proxección de imaxes e videos antigos do Porriño e este ano como novidade, a continuidade do “Cine nos Barrios”, coa proxección o venres 26 de Agosto a partir das 21:30 horas, do clásico “Casablanca”, a xenial obra de cine estadounidense de 1942 dirixido por Michael Curtiz, nunha velada especial no que San Sebastián voltará aos anos 30.

O sábado 27 pola mañá, os porriñeses e asistentes á festa poderán asistir ás XIII Gran Sardiñada de San Sebastián, onde poderán degustar as tradicionais racións de sardiñas asadas, con pan e viño por tan só 2,5 euros.

O domingo 28, ás 12 da mañá, celebraránse a misa de campaña en honor á San Sebastián, cunha procesión dende a Igrexa de Santa María ata a Capela de San Sebastián.

O domingo 28 á tarde tamén, chegará a gran atracción das festas, co concerto ás 21:30 de Tony Lomba, o xenial artista co seu estilo crooner que deleirará aos asistentes cun concerto cun repertorio variado de temas clásicos e modernos.

E así, ás 23:00 horas do domingo, terá lugar tamén a tradicional Queima da Fachada e fogos artificiais para amenizar a noite e pechar o programa de festas.

tonylomba

Porriño, Pontevedra, España

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 25/08/2016

quehacerenvigo.es

Porriño, Pontevedra, España

Destacado