Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 31/07/2013

Xa está nas rúas o cartel das festas de San Roque 2013. O día propio da festa/romería é o 16 de Agosto, sendo festivo local.

Ficha del evento:
  • 15/08/2013
    Fecha de inicio
  • 11:00
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

Tódolos anos na finca de San Roque levan atraccións para os pequenos e celébrase a romaría na finca de San Roque, santo que o parecer foi un peregrino que adicábase a curar da peste ós enfermos.

Ata a data, eu como moitos outros, críamos que San Roque era o Patrón de Vigo (ise ou o Cristo da Victoria) pero como nos desvela o Blog de Tato, pode que nos estemos a confundir, xa que dende o concello lle informan de que Vigo non ten Patrón, se non … Patrona. Manda carallo!

A nosa Señora da Asunción é a nosa patrona!

¿Que vos parece? ¿Tiñades ista información? – Eu non tiña nin idea, pero tamén teño que dicir na miña contra que non estou posto en temas relixiosos nin me interesan demasiado. Iso sí, como dato cultural e histórico paréceme reseñable.

Como vedes lieina e non saquei a foto do cartel enteiro ;-)

san roque vigo cartel 2013

 

 

Deja un comentario