Festa de entroido con concurso de disfraces

Festa de entroido con concurso de disfraces

Luns de entroido en Xaruma, con concurso de disfraces. Xaruma é unha escola sen ánimo de lucro homologada pola Xunta de Galiza, sita en Sanjurjo Badía nº 79, no Centro Garate detrás do Hórreo (Vigo) .

Ven a celebrar connosco o luns de Entroido!

Haberá concurso de disfraces por grupos, con tres premios! Tamén haberá un premio ao disfraz individual, para os máis tímid@s!

Unha man inocente sorteará unha praza gratuita para un dos nosos monográficos entre todas as persoas participantes no concurso.

Tamén haberá un gran xogo de probas, onde poderás amosar as túas habilidades máis agochadas!

E como non, unha merendola para tal festexo!

E recorda, cantos máis mellor!

Anótate no formulario da nosa páxina web, e prepárate para unha velada chea de diversión! No formulario pon o nome do teu grupo e número de persoas que seredes, xunto coas idades.

PARA TODAS AS IDADES. MENORES ACOMPAÑADOS.

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.