Autor: Steve Dominguez
Publicado el: 05/08/2015

Este ano a Festa da Prehistoria de Mos celebrarase o 7 e 8 de Agosto. A Festa da Prehistoria de Mos é una Festa na que a xente “involuciona” a tempos prehistóricos, tempos nos que non había estrés, nin telebasura, nin políticos.

Ficha del evento:
  • 07/08/2015
    Fecha de inicio
  • 20:00
    Hora de inicio
  • mos
    Lugar del evento

Festa da Prehistoria de Mos é unha Festa para disfrutar vestido de troglodita, na que se baila, na que se bebe, na que se berra, na que se salta… ideal para divertirse en familia e amigos.

A Festa da Prehistoria de Mos 2015

Esta é a programación da Festa da Prehistoria 2015. Máis información en Festa da Prehistoria de Mos 2015.
O Venres 7 de Agosto teremos apertura do poboado, concurso Unga Unga, e Observatorio de Astronomía con Fc3.
O Sábado 8 Agosto teremos Obradoiros de pintura rupestre e corporal, como facer lume, ferramentas líticas, caza con propulsor. Tamén teremos campionato intertribal de tiro con propulsor, enfrontamento das tribus na Lapiñeira da Fraga, xogos e competicións, ASACOCIRCO na Prehistoria, Rastrexo diurno de recolectores e cazadores, Monónologo de PETER PUNK e invocación os espíritus da mamoa da Penacova.

En canto a actuacións musicais contaremos con miniconcerto do Amijo da Peluquera, grupo convidado BLUES DO PAIS. Finalmente o Sábado 15 Agosto continuamos cun roteiro por PR-G 67 sendeiro histórico da parroquia de Mos.

Deja un comentario