Exposición de tres artistas emerxentes que rematan neste curso Belas Artes.

¿Cándo e Ónde?

Poderáse ver na Galería Sargadelos de Vigo dende o 8 ata o 29 de decembro.

Do 8 ó 29 de decembro do 2011 
De luns a sábado de 10:10 a 13:30 e de 16:30 a 20:30
Na Galería Sargadelos de Vigo, rúa Urzaiz, nº 17
Entrada de balde 

Ser efémero, intocable, naces como unha idea divina do inalcanzable.
Realidade ficticia que convive na ambigüidade da imaxe.
Soños irreais que saen ó exterior buscando o seu lugar nun mundo cambiante… 

Obxectivo:

A exposición Ironías do aparente nace co obxectivo de dar a coñecer a obra de tres artistas emerxentes (Lúa LouroBelén Naveira e Paula Purriños), que rematan neste curso a carreira de Belas Artes. A finalidade da proposta consiste en elaborar tres discursos diferentes a partir dun mesmo tema, a apariencia.

Artistas:

Lúa Louro aborda a través dos seus obxectos a apariencia física como xogo visual. Mediante esta estratexia enfatiza na doble identidade da imaxe ficticia fronte a realidade.

Belén Naveira conxuga a fotografía coa pintura para poñer en evidencia certas características ocultas dos elementos do ámbito pictórico. Centra a súa línea de actuación no poder de suxestión da realidade.

Paula Purriños presenta unha serie de óleos nos que amosa mulleres inmersas en mundos oníricos nos que critica a mirada superficial que existe na actualidade en torno ó corpo feminino.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 09/12/2011

quehacerenvigo.es

Destacado