Steve Dominguez
12/11/2013

Exposición fotográfica FRAGMENTOS [VIGO] co motivo do Outono Fotográfico na sede do COAG-Vigo ás 20:30 do Mércores 13 de Novembro ata o Sábado 30 de Novembro na rúa Doctor Cadaval nº5.

Ficha del evento:
  • 13/11/2013
    Fecha de inicio
  • 20:30
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

O Outono Fotográfico é o Festival Galego de Fotografía que chega neste 2013 á súa 31ª edición. O Outono Fotográfico organiza exposicións en distintas galerías de arte, salas de exposicións institucionais, centros de ensino, Casas de Concellos, da Xuventude e de Cultura, lugares públicos, cafeterías… en toda Galicia.

Fragmentos [Vigo] forma parte dunha serie que comezou en Coruña, continuou con Santiago e segue en Vigo. A serie FRAGMENTOS aproxímase a esta realidade construída seleccionando coidadosamente entre esas mensaxes, buscando o momento, a perspectiva, para presentarnos unha nova realidade. Unha realidade persoal e propia do fotógrafo. O interese non está na representación da realidade senón na abstracción plástica e a xeometría que desta se nos presenta. Acostumados a percibir a arquitectura dende a identificación dos seus volumes ou os espazos que xenera, este proxecto fixa un marco para descubrirnos pequenos detalles das obras máis recentes e de interese realizadas en Vigo. Obras usadas como escusa, onde a manipulación da perspectiva, o xogo de sombras, os reflexos e as texturas dos materiais descóbrennos un mundo rico en matices e sensacións.

Fuente: Outono Fotográfico

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *