Exposición de roupa tradicional no Casco Vello de Vigo

Exposición de roupa tradicional no Casco Vello de Vigo

Exposición sobre roupa tradicional Retallos da nosa Historia que organiza a Asociación Veciñal do Casco Vello, dende mañá xoves 17 de marzo ás 20:00 horas na Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa nº2, e enmarcada nos actos da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2016.

O obxectivo desta exposición e coñecer como vivían naquela época.

Recrearanse dúas actividades cotiáns do rural:

Reunións de mulleres no lavadoiro ou pío. “Ir o río” como dicíase na nosa zona, convertíase nun acto social e de comunicación no que as veciñas relacionábanse e se puñan ao día das novidades da parroquia.

A despensa do campo. Canastro, hórreo, canizo, etc. O nome varía segundo a zona na que nos atopemos. Falamos da construcción tradicional na que se gardaba a colleita do campo (millo, cebolas, centeo,…) que quedaban ó salvo dos ratos e demais animáis que poideran estragala.

Horarios:

De luns a venres: De 18 a 21 horas
Sábados: de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.
Domingos e festivos: de 12 a 14 horas.
Horarios de apertura especiais o sábado 2 e domingo 3 abril: de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas

One thought on “Exposición de roupa tradicional no Casco Vello de Vigo

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.