Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 26/07/2016

Espectáculos de pequeno formato no escenario do Auditorio de Castrelos. O luns, 26 de xullo, ás 20.00 horas Furious Monkey House; e o martes 27, ás 20.00 horas concerto de Magical 2. Acceso libre ata completar a capacidade do recinto.

Ficha del evento:
  • 26/07/2016
    Fecha de inicio
  • 20:00
    Hora de inicio
  • Castrelos
    Lugar del evento

FURIOUS MONKEY HOUSE – 26 de xullo – 20:00 horas
Furious Monkey House son 5 nenos de entre 12 e 14 anos e un mono furioso. Empezaron a tocar xuntos en marzo de 2014 empuxados pola súa paixón pola música, e xa contan cun disco no mercado: RUN. Run foi gravado nos míticos estudios Abbey Road de Londres. Con influencias do rock dos 90, os Furious Monkey House chegaron para arrasar.

MAGICAL 2 – 27 de xullo – 20:00 horas
Magical 2 en Concerto, un musical cheo de maxia, unha das mellores producións para o público familiar dos últimos anos. As mellores e máis coñecidas cancións nun concerto único no que nenos e non tan nenos volverán a gozar como ananos, todo conducido polos nosos pillos e simpáticos Oso e Pinocho.

Deja un comentario