Espectáculo de maxia e sombras chinescas

Espectáculo de maxia e sombras chinescas

colaborador
30/10/2018

Este é un espectáculo elegante destinado a un público familiar. Elisa e Ian combinan as súas personalidades para crear un momento entrañable, divertido e máxico.

Durante cincuenta minutos poderás desfrutar da maxia, mentalismo, pintura rápida, escapismo e sombras chinescas dende unha perspectiva singular onde nada é o que parece!

Ian e Elisa comezaron no mundo da maxia de escenario no ano 2006. Durante estes 12 anos de carreira profesional tiveron a oportunidade de traballar internacionalmente tanto no escenario como na televisión, eventos corporativos ou publicidade. A súa carteira de clientes inclúen DSV, TELSTRA, Rolls Royce, Škoda Auto, Astra Zeneca, Royal Caribbean, Princess Cruises, Seabourn,Blackpool Magic Convention, BBC, TVG, Slovenian National tv entro moitos outros.

– “A súa distintiva marca artística está presentada un xeito orixinal e divertido, por esta razón o público obsequiounos cun efusivo e merecido recoñecemento”. Derek Smith, The Stage.

APORTACIÓN: 4€ anticipada (no local) e 5€ en taquilla

Te puede interesar:

Deja un comentario

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.