Novidades: O concurso de Comparsas e Carrozas do Entroido 2016 de Vigo, queda trasladado ao sábado día 20 ás 18 h. Mantéñese o seu percorrido (García Barbón e Policarpo Sanz) e lugar de montaxe (entre Julián Estévez e Isaac Peral)

Á vista das condicións meteorolóxicas adversas previstas para ó sábado día 13 de febreiro, a Comisión organizadora do Entroido 2016 de Vigo, reunida ó día 12 de febreiro, decidiu suspender a celebración do Concurso de Comparsas e Carrozas, que estaba previsto para o sábado ás 18:00 horas, coa finalidade de garantir a seguridade de participantes e público.

Actualizado: A choiva fai que se cambie o día do concurso de comparsas e carrozas de Vigo, previsto inicialmente para o 6 de febreiro, ó 13 de febreiro (18h).

Conforme ao convenio de colaboración entre Concello de Vigo a Federación de Peñas “El Olivo” e a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, convócanse os concursos relacionados co Entroido 2016 de COMPARSAS, CARROZAS e DISFRACES.

CONCURSO DE COMPARSAS E CARROZAS

O desfile vai ter lugar o vindeiro 6 de febreiro, sábado ás 18,00 horas entre a rotonda de Isaac Peral (saída) e a Porta do Sol (remate). A orde no desfile das comparsas e carrozas participantes decidirase por sorteo público, que terá lugar o venres, día 29 de xaneiro ás 12:00 horas no auditorio da Casa do Concello.

CONCURSO DE DISFRACES

Categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado* (até os 13 anos): o día 8 de febreiro, luns entre as 18,00 e as 20,00 horas na Lonxa do Concello de Vigo.

Categorías individual xeral e grupo xeral conxuntado** (a partir de 14 anos): o día 9 de febreiro, martes entre as 18,30 e as 20,30 horas na Lonxa do Concello de Vigo.

* Na categoría “grupo infantil conxuntado” non poderán participar adultos ou nenos de máis de 14 anos.
** Na categoría grupo xeral conxuntado non poderán participar menores de 13 anos.

 

Bases e solicitudes de inscrición:

Nota: Nos atopamos as bases na web do Concello de Vigo.

Comunícaselles a todos/as os/as interesados/as que as bases e máis as solicitudes de inscrición se atopan a súa disposición na oficina de Información do Concello de Vigo e na web municipal (www.vigo.org) e que o prazo de presentación será dende a data de aprobación pola Xunta de Goberno Local ata o día 26 de xaneiro ás 13,30 horas, ambos inclusive.

Inscricións do concurso de disfraces:

As inscricións para participar neste concurso realizaranse o mesmo día, entre ás 17:00 horas e as 18:00 horas, na Lonxa do Concello de Vigo para as categorías individual infantil e grupo infantil conxuntado (até 13 anos); e as 17,30 horas e as 18,30 para a categoría individual xeral e grupo xeral conxuntado (mais de 14 anos).

Vigo, Porta do Sol, Baiona, España

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 18/01/2016

quehacerenvigo.es

Vigo, Porta do Sol, Baiona, España

Destacado