As tarxetas do Plan de Transporte Metropolitano de Vigo xa están dispoñibles nas oficinas distribuidoras de Abanca. Os dispositivos poderán solicitarse nun total de 24 oficinas distribuidoras desta entidade bancaria.

Con este novo paso ultímase o dispositivo para a posta en marcha, nos vindeiros días, do programa de transporte público impulsado pola Xunta de Galicia e 12 concellos da comarca (Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, Redondela, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Soutomaior e Pazos de Borbén) e do que tamén se beneficiarán os cidadáns que realicen os seus desprazamentos entre Vigo e eses municipios empregando a tarxeta.

Os dispositivos de pago, cun prezo bonificado de 2 euros, poderán adquirirse sen necesidade de ter unha conta asociada, só presentado o DNI, e funcionan como tarxetas moedeiro que deberán recargarse nas oficinas ou nos caixeiros.

O portal web do Transporte Metropolitano de Galicia, http://tmg.cmati.xunta.es/, ofrece unha detallada explicación do seu funcionamento e das súas vantaxes, incluíndo os cambios que supón en canto ao abaratamento das viaxes e a bonificación dos transbordos.

Estas son as oficinas de Abanca da área de Vigo nas que poderá obterse a Tarxeta de Transporte Metropolitano:

LOCALIDADE
ENDEREZO
Baiona
R/Carabela A Pinta, 10
Sabarís- Baiona
R/ Julián Valverde, 1
Cangas
R/ Méndez Núñez, 13  e Av. Eugenio Sequeiros, 13
Aldán- Cangas
R/ San Cibrán, 17
Coiro- Cangas
Av. Ourense, 27
Hío- Cangas
Lg. Igrexario, 57
Fornelos de Montes
Pr. A Igrexa, 17
Moaña
R/ Concepción Arenal, 170  e R/ Ramón Cabanillas, 1
Domaio—Moaña
R/ Palmas, 85
Puxeiros– Mos
Av. Puxeiros, 52
Vigo
Av. García Barbón, 1
Nigrán
Av. Val Miñor, 1
Panxón– Nigrán
R/ Mariñeiro, 1
A Ramallosa- Nigrán
R/ Manuel Lemos, 1
Redondela
Pr. Ribadavia, 2  e R/ Alfonso XII, 1
Chapela- Redondela
Av. Vigo, 222
Cesantes– Redondela
R/ Alto do Tras, 23
O Porriño
R/ Ramón González, 19
Salceda de Caselas
R/ Victoriano Pérez Vidal, 1
Salvaterra de Miño
R/ do Miño, 17
Arcade- Soutomaior
Av. Xosé Solla, 1

O emprego da Tarxeta de Transporte Metropolitano ofrecerá aos usuarios descontos medios do 50% nas viaxes metropolitanas e un sistema de billete único que facilita a intermodalidade, xa que na área de Vigo, este Plan inclúe o transporte de ría.

Así mesmo, os usuarios recorrentes, é dicir, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, terán unha bonificación adicional do 15% e os membros de familias numerosas obterán descontos de entre o 20% (categoría normal) e o 50% (familia numerosa especial). Estas bonificacións adicionais serán contabilizadas e procesadas e o sistema realizará unha recarga dous meses despois na tarxeta con tan só introducila no caixeiro automático.

Para acceder a todas as vantaxes do novo Plan é preciso empregar nos desprazamentos a nova tarxeta sen contactos que desde xá está dispoñible nas oficinas de Abanca.
Informa: Xunta de Galicia

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 24/04/2015

quehacerenvigo.es

Destacado