O 19 de Abril celébrase o día mundial da bicicleta, efeméride que administracións, asociacións e os propios ciclousuarios aproveitan para recordar as vantaxes inherentes á utilización deste medio de transporte.

A facilidade coa que se manexa e o seu baixo custo fan dela o medio de transporte democrático por excelencia, estimándose que sómente 10% da poboación non podería empregala por condicionantes físicos ou económicos.

A bici encádrase á perfección no modelo de cidade moderna orientada cara as persoas e a súa calidade de vida. Devolver a cidade aos cidadáns supón necesariamente un cambio na ordenación da mobilidade e a bici preséntase como a alternativa máis eficiente e respectuosa co entorno ambiental e social.

A pesar do éxito alcanzado pola bicicleta nas cidades que a posicionaron como un eixo prioritario na mobilidade urbana, xorde agora unha importante ameaza: as reformas do Regulamento de Circulación, coma a obrigatoriedade do uso do casco na bicicleta, que desde hai meses vén anunciando o Ministerio do Interior, e que hai uns días foron plasmadas nun borrador de decreto de reforma presentado pola Dirección Xeral de Tráfico.

Estas reformas suporían unha gran perda de dereitos que de forma colectiva, cotián e práctica fomos multiplicando entre todas nos últimos anos. Habería un marco legal máis permisivo co acoso ás ciclistas por parte de automobilistas e administracións, e marcadamente desincentivador do seu uso, o que non faría senón aumentar os riscos de padecer accidentes, lesións e a morte.

A obrigatoriedade do casco en bicicleta tamén dentro das cidades non só é unha medida de seguridade desproporcionada e meramente pasiva, senón que conlevaría unha redución importante dos desprazamentos en bicicleta. Australia, o único país no mundo que implantou seriamente tal medida, viu como estes desprazamentos caían entre un 30 e un 40% sen que a porcentaxe de lesións e mortalidade se reducise, o único que se incrementou de maneira significativa foron as multas.

Diversas cidades e incluso a Red de ciudades por la bicicleta, á que pertencen concellos como Barcelona ou Sevilla nas que a implantación da bici como medio de transporte ten sido todo un éxito, xa se opuxeron a esta medida e solicitaron que a DGT revisara o borrador.

Marcha en Bici o 13 de Abril:

Deste modo aproveitamos para convidar a todas aquelas persoas que acreditan no potencial da bicicleta para transformar as cidades en lugares máis agradábeis a participar nas Masas Críticas, que se celebrarán o sábado día 13 de abril nas principais cidades galegas:

A Coruña: praza María Pita – 18:00
Compostela: praza Roxa – 18:00
Vigo: praza América – 17:00

Un comentario en “Día Mundial da bicicleta – Marcha 13 Abril

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 12/04/2013

quehacerenvigo.es

Destacado