Autor: Juan Carlos Nesta
Publicado el: 18/05/2017

Del jueves 18 al sábado 20 de Mayo se celebra en toda España el Día internacional de los Museos. En Vigo tenemos varias opciones para disfrutar de este día a lo grande.

Ficha del evento:
  • 18/05/2017
    Fecha de inicio
  • 12:00
    Hora de inicio
  • vigo
    Lugar del evento

Habrá visitas guiadas y conciertos en todos los centros municipales durante estos días.

Día Internacional de los Museos en Vigo

No dejes de consultar el programa en PDF de este día en el que se pretende compartir las preocupaciones de la comunidad museística.

Info de vigocultura.org:

O Concello de Vigo, a través da súa Rede de Museos Municipais, ten preparado un programa que vai incidir na temática do DIM 2017 a través de cinco historias ambientadas nos propios espacios museísticos que conforman a rede.

Así, na Pinacoteca Municipal FFR (r/ Abeleira Menéndez, 8) se introducirá a guerra de independencia sufrida entre España e Portugal entre 1648 e 1668, un conflicto bélico de case 30 anos que arraxou todo o territorio fronteirizo de ambos países.

Na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2) aproveitarase un suceso, o incendio do antigo Concello, para introducir os cambios que experimentará a vila na 2ª metade do século XIX para conformar a actual cidade industrial que coñecemos hoxe.

No Verbum (avenida de Samil, 17), a exposición “Emporium. Mil anos de comercio en Vigo”, sírvenos de marco para introducir a formación do Imperio Romano e conquista da Península Ibérica no século I a.C, dentro da súa política de expansión militar para o control do mediterráneo e das súas rutas comerciais.

A Casa das Artes (r/ Policarpo Sanz, 15), un edifico proxectado durante a II República e executado coa Ditadura, nos dará pé para introducir o tema da Guerra Civil Española na cidade e as súas consecuencias.

E por último, no Museo Municipal “Quiñones de León” (parque de Castrelos, s/n), falaremos de dúas doazóns cruzadas no tempo e que conformaron o actual museo, para narrar unha historia na que se mixturan mortes, emigración, negociacións, desaparicións…

Os cinco centros da Rede de Museos Municipais terán un horario especial de apertura o xoves 18 de maio, de 17:00 a 22:00 h, nas que o público poderá coñecer as “historias controvertidas” elixidas para cada un deles a través de paneis informativos, que estarán dispoñibles ata o domingo 21 de maio. Así mesmo, cada centro contará cunha visita guiada para público en sala, seguida dun concerto musical, onde poderán profundizar en cada un destes temas.

Tamén se suman a esta celebración o Museo Liste-Etnográfico de Vigo e mailo MARCO con actividades especiais que figuran no programa que se achega.

1 thought on “Día internacional de los Museos de Vigo

Deja un comentario