Día do Barrio en Teis – #diadobarrioteis

Día do Barrio en Teis – #diadobarrioteis

Juan Carlos Nesta
27/05/2015

O Día do Barrio é un día de solidariedade, de implicación coa cidadanía e de recuperación das canles e a forma de sentir o barrio de antaño. É un evento para que participe todo o mundo, sexa ou non de Teis, pois é o único xeito de levar o mesmo día a outros barrios.

Para elo, cómpre xente disposta a participar nos grupos de traballo e animación. É unha xornada de colaboración entre todos e todas, polo que precisamos da túa presenza.

¿Cómo podes participar?
– Anotándote aos grupos de traballo (recollida de alimentos e patrullas medioambientais).
– Se tocas a gaita, pandereta, tuba… calquera instrumento musical, ven, e amosa todo o teu saber mentres creas un clima de distensión.
– Contribuíndo coa difusión deste evento, cantos máis, mellor. Se o fas por redes sociais, recorda que estamos utilizando o hastag #diadobarrioteis
– Aportando todo o que se te pase pola cabeza, todas as ideas son benvidas.

Simplemente, ponte en contacto connosco e xa te indicaremos os próximos pasos a seguir. Aproveitamos para recordarvos unha frase de Euardo Galeano: «Moita xente pequena, en lugares pequenos, facendo cousas pequenas, PODE CAMBIAR O MUNDO». Participa e cambia o mundo connosco!

Contacto: 986 127 949 / 698 142 158
Máis información en http://www.xaruma.org/evento/186_eventosxaruma.html

Te puede interesar:

Este 22 de mayo hasta el 26, se celebra la Feria de Abril en Vigo, este año en Samil tras varios problemas organizativos.
Guerra civil, monteferro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.