Este ano o Día das Letras Galegas dedícaselle ao poeta de Guitiriz Xose María Díaz Castro. Dende a asociación Trabalingua quere homenaxealo coa seguinte actividade.

Maña Mércores 19 Marzo ás 20:00 da note temos proxección do documental “o instante eterno” no café de catro a catro da rúa Girona n°16 de Vigo.

A actividade consistirá na proxección do documental O instante eterno, de X. Antón Cascudo, que se estreará en Vigo. O documental servirános para achegarnos á figura de Díaz Castro antes de comezar co recital aberto a toda a cidadanía. Para esta actividade contamos coa colaboración das asociacións Xermolos e A nave das ideas.

Xosé María Díaz Castro, nado no lugar do Vilariño o 19 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1990, foi un poeta e tradutor galego. En 2014 é o homenaxeado co Día das Letras Galegas.
Ánimate e vén a connocer ese gran home.

Díaz Castro publicou os seus primeiros versos ós dezasete anos na revista Lluvia de rosas de Tarragona pero foi a súa entrada no seminario e o contacto con Aquilino Iglesia Alvariño, o seu estímulo foi decisivo na promoción como escritor e para comezar a escribir en galego, publicando en El Progreso Villalbés o 6 de agosto de 1931 os seus primeiros versos en galego Lembranzas e sospiros, logo saíron Baix’o o calor, Lá vou, amor, As formigas, Era un contiño de fadas, e posteriormente escribiu dous cadernos de poesía, tamén en galego, Follas verdes en 1934 e Follas ô aire, que inclúe versos de 1932 a 1935, que finalmente quedaron inéditos. Tamén publicou poemas en Vallibria, Mundo de Ahora e Perla del Calvario.
Logo da Guerra Civil continuou compoñendo. O 16 de agosto de 1946 foi premiado nos Xogos Florais de Betanzos polo poema El Cántico de la Ciudad en castelán, e por Nascida d’un soño (tres sonetos) en galego. Volveron saír poemas seus en galego en publicacións como La Noche, Cartel, Sonata Gallega, Alba ou Ínsula.

letras galegas

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Imagen de perfil de Steve Dominguez
Steve Dominguez
Redactor de QHV

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Imagen de perfil de Steve Dominguez
Autor:
Redactor de QHV
Publicado el: 18/03/2014

Destacado