Steve Dominguez
28/08/2014

A programación de verán da Concellaría de Cultura achega a Redondela o espectáculo de música e baile tradicional “De Raíz”, da Asociación Cultural Traspés. la primera MOSTRA DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL TRASPÉS – DERAÍZ EN REDONDELA tendrá lugar mañana Viernes 29 de Agosto en el municipio de Redondela, en la Praza da Casa da Torre a partir de las 22:00 de la noche.

Ficha del evento:
  • 29/08/2014
    Fecha de inicio
  • 22:00
    Hora de inicio

  • Lugar del evento

Esta asociación cultural fundárona un grupo de amigos a finais do ano 2009 en Vigo. Todos os seus compoñentes posúen unha importante traxectoria no eido do folclore tradicional e comparten as mesmas inquedanzas baseadas na investigación, recuperación e conservación das nosas tradicións. Traspés fundamenta o seu traballo na recollida de campo e na recuperación etnográfica, desprázanse por todo o territorio galego para aprender da man de informantes de avanzada idade os bailes, as músicas, os cantares e todo o que ten que ver coa nosa cultura: a indumentaria, a xoiería, os ritos, os mitos, as lendas, os costumes, todo o que supuña a forma de vida doutros tempos.

Coa I Mostra de Música e Baile tradicional o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolvido polos seus integrantes ao longo destes anos, no que tentan amosar parte do patrimonio inmaterial e do folclore de Galicia grazas aos rigorosos traballos de campo realizados e procurando que a comunicación co público sexa directa, fluída e divertida. Trátase dun espectáculo cun alto nivel de calidade e compromiso coa tradición do folclore galego que non ha deixar indiferente a ninguén.

Nesta I Mostra participan 11 parellas de baile, 10 pandereteiras, 8 pandereteiros e o grupo de música composto por 8 persoas, e conseguen unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaranse músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar.

A asistencia é libre e para todos os públicos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Nombre *