Curso de Contacontos para Adultos

Curso de Contacontos para Adultos

Juan Carlos Nesta
24/02/2015

A narradora Beatriz Campos impartirá en Marzo un curso de Contacontos para adultos na librería Libros para Soñar.

A actriz e narradora Beatriz Campos vai impartir un curso de contacontos para adultos que se celebrará todos os xoves do vindeiro mes de marzo, de 17:00 a 20:00 horas, en LIBROS PARA SOÑAR. Está dirixido a educadores e docentes, bibliotecarios, mediadores de lectura, xestores culturais e público en xeral.

As sesións vanse dividir en tres partes: comezarán cunha clasificación teórica dos álbums ilustrados por idades, atendendo á súa temática e formato, con mostras dos materiais que se atopan actualmente no mercado.

Tamén se abordará como organizar unha sesión de contacontos en función dos intereses e das expectativas do público. Nesta fase atenderase especialmente á recuperación e á posta en valor da tradición oral e do cancioneiro popular, así como ao legado cultural co que medraron e se formaron as xeracións pasadas.

Finalmente, a través de xogos de expresión e de exercicios de relaxación, vanse practicar técnicas para aprender a contar. Ao remate das clases, os participantes no curso participarán nunha sesión real de contacontos para exercitar as estratexias narrativas e os coñecementos adquiridos.

Xa está aberto o prazo de inscrición para este curso de contacontos, cun custe de 40 euros.

Te puede interesar:

Guerra civil, monteferro
Festival Pint Of Science en Vigo el 20 de mayo
El gran cantautor del panorama nacional, Manolo García, actúa el 17 de mayo en el Auditorio Mar de Vigo a las 21:00 horas.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.