LIBROS PARA SOÑAR retoma mañá mércores, a partir das 17:30 horas, as sesións habituais de contacontos para bebés ata 3 anos.

Sandra Senra e Beatriz Campos serán as especialistas en animación á lectura que impartirán esta actividade, que conta coa participación activa dos adultos que asisten cos nenos e nenas.

Seguindo o esquema destas sesións especiais, os contacontos incluirán un pictograma poético para pre-lectores da colección ‘Do berce á lúa’, de Antonio Rubio e Óscar Villán, publicada por KALANDRAKA. A melodía e a canción tamén se van incorporar, cantando un dos poemas do libro “Tras, tras, cucutrás”, de Juan Clemente Gómez e Aitana Carrasco, publicado no selo FAKTORÍA K.

Tampouco faltará unha ollada á tradición, a través do conto popular “A galiña roxa”, adaptado por Pilar Martínez e ilustrado por Marco Somà para a colección Os contos do trasno de KALANDRAKA. Durante a actividade tamén se introducirá o sistema “baby sign”, que facilita a comunicación cos bebés a través dunha sinxela linguaxe xestual.

Fuente: Libros para Soñar | Rúa Triunfo, 1

Rúa Triunfo, 1, Vigo, Spain
22-01-2014 17:30h.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Juan Carlos Nesta
Desarrollador Web & Blogger.

Donar con Paypal

Si te mola el blog quizá nos puedas echar una mano para mantenerlo.

Autor:
Desarrollador Web & Blogger.
Publicado el: 21/01/2014

quehacerenvigo.es

Rúa Triunfo, 1, Vigo, Spain
22-01-2014 17:30h.

Destacado